qué é?
unha rede wifi que che permite acceder a internet dende o teu portátil, tableta ou smartphone a alta velocidade e sen consumir datos 3G
podes conectarte a ela se...
- - es cliente de R
- - tes contratado polo menos un servizo de alta velocidade de internet
onde hai cobertura?
polo de agora a rede está activada nalgúns locais de Galicia que tamén son clientes de R
para saber onde hai puntos de acceso da rede utiliza o mapa ou busca directamente nos spots
se es o dono do local podes modificar a ficha que aparece nesta web co nome, fotografía, enlaces á túa web, etc.
é unha rede segura?
é unha red wifi aberta, sen contrasinal; debes tomar as precaucións típicas para usar este tipo de redes
ten algunha limitación?
R non permite o uso de aplicacións P2P ou de descarga de arquivos. A conexión ten un ancho de banda limitado e hai un número máximo de usuarios permitidos en cada punto
as conexións péchanse automáticamente cada 6 horas, pero ninguén impide que te volvas a conectar pasado ese tempo
o tempo dispoñible compártese entre os usuarios delegados do mesmo cliente
non se permiten conexións simultáneas: se o mesmo usuario e contrasinal se conecta por segunda vez, péchase a primeira conexión